O 37% dos residuos que se xeran nos fogares galegos están conformados por biorresiduos que a maioría das veces rematan en vertedeiros, producindo unha gran contaminación.
En lugar disto, poderíanse utilizar estes biorresiduos para fabricar compost, un abono natural moi bo para o solo, mediante a compostaxe. Se participas no proceso da compostaxe axudarás a reducir os residuos orgánicos e contribuirás en todos os beneficios que esto conleva. Por cada 100 quilos de biorresiduos obtéñense 10 quilos de compost.
Dende o punto de vista económico, o Concello de Rianxo aforraría en custos sobre os sistemas de recollida de residuos orgánicos tradicionais.
A compostaxe é unha técnica que permite crear as condicións óptimas para que os organismos descompoñedores transformen os biorresiduos en compost, un abono natural de alta calidade. Os factores máis importantes a ter en conta son: aireación, humidade e temperatura. O proceso de compostaxe ten un olor característico e agradable que recorda o do bosque húmido.
Para obter unha bo resultado na elaboración do compost final debe botarse no composteiro a mesma cantidade de materia seca (restos de poda) que de materia húmida (biorresiduos). A función principal dos materiais secos é dar estructura os materiais húmidos a compostar e permitir unha boa aireación.
TEMPERATURA
En cada fase do proceso de compostaxe a temperatura é distinta, xa que interveñen organismos que actúan a diferentes temperaturas.
HUMIDADE
Este factor é fundamental, xa que os organismos necesitan a auga para vivir, desprazarse e alimentarse. Non pode haber unha humidade moi elevada, porque o proceso pasaría a non ter osíxeno, e a materia orgánica non se degradaría, podrecería. Tampouco pode haber escaseza de humidade, xa que baixaría a actividade dos organismos e o proceso retrasaríase.
AIREACIÓN
É indispensable unha boa aireación para obter osíxeno. Este é fundamental para que os organismos poidan descompoñer a materia orgánica de forma correcta. Debe haber achega de aire en todo momento, para manter activa a actividade microbiana e evitar malos cheiros. Grazas a esta aireación evitase a compactación dos materiais e a súa posible putrefacción.
FASE DE LATENCIA
Cando se inicia o proceso de compostaxe, comezan a degradarse os elementos máis biodegradables mediante as bacterias denominadas mesófilas, porque actúan a temperaturas medias de 50ºC. Esto provoca que se evapore auga no material a compostar. Nesta fase a temperatura oscila entre 15ºC e 45ºC.
FASE TERMÓFILA
Nesta fase aparecen organismos, como bacterias e fungos, que actúan a temperaturas maiores e provocan unha degradación máis rápida da materia orgánica. Podénse acadar temperaturas dende 45ºC a 80ºC, o que garante a hixienización e eliminación de posibles patóxenos. Pasados entre unha semana e dous meses comeza a disminuír a actividade biolóxica e a estabilizarse a materia.
FASE DE MADURACIÓN
Nesta fase comeza a diminuír lentamente a temperatura, de 40ºC en baixo, a medida que tamén diminúe a actividade bacteriana. É un período de fermentación lenta, donde interveñen as bacterias que degradan a parte máis resistente da materia orgánica.
Un abono natural de alta calidade que mellora as propiedades do solo, con cor marrón escuro ou negro e olor e aspecto a terra de bosque. Obtense mediante o procedemnto da compostaxe descrito no apartado anterior. Ao ser un producto totalmente natural pódese aplicar a calquera planta, pero coa cantidade recomendada según o uso que se lle vaia a dar. Para macetas recomendase un 20% de compost mesturado con terra, mentres que na horta sería entre 0,5 e 4 quilos de compost por metro cadrado.
Os composteiros comunitarios deben situarse nun lugar sombreado, en contacto directo coa terra, con boa drenaxe e de fácil acceso para os veciños. O material dentro do composteiro manterase quente, húmido e ben osixenado. Ademaís o estar en contacto directo coa terra permite o paso dos organismos encargados de degradar a materia orgánica. Os composteiros deben ter unha tapa superior para permitir o aporte da materia orgánica e evitar a entrada da auga da choiva.
Separar ben os biorresiduos na casa.
Botar os biorresiduos, sen bolsa, no módulo de achega do composteiro.
Cubrir coa mesma cantidade de materia seca, situado ao lado do composteiro.
Pechar a tapa do módulo de achega.
Froitas, froitos secos, verduras, legumes…
Carne, peixe e mariscos, incluídos ósos, espiñas e cunchas.
Pan, pasta, arroz, ovos e cascas de ovos.
Restos de comida cociñada.
Pousos de café e infusións.
Pequenas podas.
Papel branco de cociña.
Cueiros desbotables.
Escrementos de persoas ou animais.
Cabichas de tabaco.
Papeis con tinta.
Restos de aspiradora ou de varrer.
Cinza de madeira tratada.
Materiais que aínda que sexan orgánicos teñan sustancias contaminantes.
Residuos non orgánicos.
Obtención de abono de calidade.
Aproveitamos os restos orgánicos, reducíndoos.
Contribúe á separación e recollida selectiva de residuos.
Contribúe ao cumprimento da normativa en materia de residuos.
Aforro en custos de xestión de residuos.
Pecha o ciclo da materia orgánica.
Reduce os gases de efecto invernadoiro.
Mellorámolo medio ambiente.
Mellora a estrutura do solo, mantendo unha correcta aireación e humidade.
Achega nutrintes para o crecemento das plantas.
Actúa como bactericida e funxicida. Reducción de fertilizantes químicos.
O material fresco (2-3 meses) úsase como protección ante cambios de temperatura e humidade. Evita as malas herbas.
O compost maduro (6-12 meses) úsase como fertilizante.