A normativa europea establece que nos próximos anos se deberá recoller separadamente as biorresiduos para alcanzar os obxetivos de reciclaxe marcados.
Antes do 31/12/2023 deberase implementar a recollida selectiva de biorresiduos ou o seu tratamento in situ mediante a Compostaxe doméstica ou Comunitaria.
O porcentaxe máximo de impropios admitidos ,para a recollida de biorresiduos, será do 20% desde 2022 e do 15% desde 2027. A superación destes porcentaxe terá carácter de infracción administrativa e será sancionado pola CCAA.
O incremento dos residuos municipais destinados a reutilización e reciclaxe deberán alcanzar no seu conxunto como mínimo o 50% no 2025, o 55% no 2030 e o 60% no 2035.
As políticas de prevención dos residuos deben encamiñarse a lograr unha reducción dos residuos xerados dun 13% no 2025 un 15% no 2030.
A reducción dos residuos municipais mediante eliminación en vertedoiro debe ser como mínimo do 40% no 2025, do 20% no 2030 e do 10% no 2035.
Estes son uns dos obxetivos máis importantes que se debén de acadar segundo a lexislación mencionada a continuación.
Ámbito Europeo
Directiva 2008/98/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, sobre os residuos.
Directiva (UE) 2018/852, do Parlamento Europeo e do Consello, de envases e residuos de envase, do 30 de maio de 2018, pola que se modifica a Directiva 94/62/CE relativa aos envases e residuos de envases.
Directiva (UE) 2018/851, do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, pola que se modifica a Directiva 2008/98/CE (Directiva Marco de Residuos).
Directiva (UE) 2018/850, do Parlamento Europeo e do Consello, de 30 de maio pola que se modifica a Directiva 1999/31/CE relativa ao depósito de residuos en vertedoiros.
Paquete de Economía Circular da Comisión Europea.
Directiva 94/62/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de abril de 1994 relativa aos envases e residuos de envases.
Ámbito Nacional
Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.
Real Decreto 646/2020, do 7 de xullo, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.
Lei 11/2012, do 19 de decembro, de medidas urxentes en materias de medio ambiente.
Lei 11/1997, do 24 de abril, de envases, e Regulamento de desenvolvemento e execución aprobado no Real Decreto 782/1998, do 30 de maio. (en vigor, ata a aprobación do Real Decreto de Envases e Residuos de Envases, actualmente en fase de proxecto de Real Decreto).
Real Decreto 293/2018, do 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico e polo que se crea o Rexistro de Produtores.
Programa Estatal de Prevención de Residuos 2014-2020.
Plan Estatal Marco de Xestión de Residuos (PEMAR) 2016-2022.
Ámbito Autonómico
Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.
Estratexia Galicia Economía Circular 2019-2030.
Resolución do 10 de novembro do 2000 pola que se acorda a publicación da estratexia galega de xestión de residuos.
Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia.
Plan de xestión de residuos municipais de Galicia (PXRMG) 2023-2030 (en vigor ata a aprobación do novo Plan de residuos urbanos 2023-2030, en proceso de inicio de tramitación).