A basura orgánica supon un 40% dos residuos que xeramos nos nosos fogares. Separala de forma correcta permítenos recuperar e aproveitar os recursos para obter enerxía e compost.
A cidadanía desempeña un papel fundamental na xestión sostible dos residuos municipais. A súa colaboración na redución de residuos a través dun consumo responsable, reutilización de productos e recollida selectiva, provoca que a porcentaxe de lixo sexa menor. Favorecendo as vantaxes ambientais, económicas e sociais que esto conleva.
O contedor MARRÓN, denominado de 5ª fracción é específico para depositar os restos orgánicos do fogar, compostos principalmente por:
Restos de froita e verdura.
Restos de carne e peixe.
Restos de plantas.
Tapóns de cortiza.
Cascas de ovo e froitos secos.
Infusións.
Pousos de café.
Papel de cociña branco.
Escarvadentes.
Cascas de marisco.
Os veciños deben solicitar unha chave no concello que lle permitirá ter acceso a este contedor.
A materia orgánica deste contedor será transladada a unha planta de compostaxe que se encargara de transformar estos biorresiduos en compost.
As vantaxes de usar o contedor de 5ª fracción, van a ser as mesmas que as da compostaxe, xa que os restos obtidos deste contendor usaránse para compostar nunha planta de reciclaxe de gran tamaño, entre outras destacan:
Obtención de abono de calidade para o solo.
Aproveitamos os restos orgánicos , reducindo a fracción resto.
Evitamos a emisión de CO₂ a atmósfera debido a queima de biorresiduos.
Evitamos a contaminación das augas.
Participamos na economía circular.
Melloramos o medio ambiente.
O contedor VERDE ESCURO, coñecido tradicionalmente como o contedor de restos, é específico para depositar restos non orgánicos, como por exemplo:
Residuos de varrer.
Cueiros.
Cabichas.
Bastonciños de algodón.
Téxtil sanitario.
Toalliñas desbotables.
Papeis e cartón manchado.
Papel de cociña usado.
Bolígrafos.
Vaixelas e cubertos.
Xoguetes rotos de pequenas dimensións.
Obxetos de metal ou plástico que non sexan envases.
Luvas e máscaras desbotables.
NON SE DEBE DEPOSITAR: restos de leiras e xardíns, aceites, pinturas e aparellos eléctricos.
A materia non orgánica recollida neste contedor non se aproveita, destínase a vertedoiros e plantas de incineración. Por isto, é importante resaltar que esta fracción debe ser reducida o máximo posible, xa que produce moita contaminación.
Só se debe depositar neste contedor a materia non orgánica, e todos os demáis residuos destinalos a contedores donde se reciclen ou se composten.
O contedor AMARELO é específico para depositar os envases lixeiros compostos principalmente por:
Botellas e tapóns de plástico.
Tetrabrik.
Latas.
Bandexas.
Chapas.
Bolsas de plástico
NON SE DEBEN DEPOSITAR: cubos de plástico, luvas de goma, biberóns, utensilios de cociña, xoguetes...
A fracción recollida neste contedor destínase a plantas de selección de envases donde se separan en función do tipo de material. Parte deles envíanse a centros específicos de reciclaxe para obter outros novos.
O contedor AZUL é específico para depositar materiais de papel e cartón, como son:
Papeis.
Xornais.
Revistas.
Cartón encartado.
Bolsas de papel.
Cartón para ovos.
NON SE DEBEN DEPOSITAR: papeis sucios, briks, papel de cociña e sanitario engraxado ou contaminado con productos químicos.
A fracción recollida neste contedor destínanse a unha planta de recilaxe de papel e cartón.
O contedor VERDE é específico para depositar os envases de vidrio compostos principalmente por:
Tarros de vidrio.
Botellas de vidrio.
Frascos de vidrio.
NON SE DEBEN DEPOSITAR: louza, cristais planos ou de fiestras, louza, espellos...
A fracción recollida neste contedor destínase a plantas de reciclaxe de vidrio, donde se limpan e se trituran para volverse a fundir, e así, realizar novos.